APOIO A INFANTIL

APOIO A INFANTIL

martes, 21 de enero de 2020

NON QUERO SER PRÍNCIPE. INF. 5

Os nenos e nenas de 5 anos apúntamonos enseguida á dinamización do conto Romeo. 

Estamos moi contentos de ler como a este sapiño vaille máis xogar e cantar cos seus que ser un príncipe que ten todo prohíbido e só pode ir a festas aburridas.

E como desde unha biblioteca chea de libros consegue pasar duns a outros ata chegar de novo á súa charca.

Visualizade o vídeo e verédesnos visitar a Romeo e gozar con el da tranquilidade da súa casa!


NON QUERO SER PRÍNCIPE. INF. 4

Os cativos e cativas de catro anos estamos a traballar tamén en animación á lectura o conto de Romeo. 

A este sapiño levouno a bruxa Renata desde a súa charca ata un conto de princesas e príncipes sapos pero el estaba máis contento sendo un sapo común e corrente.

Aquí estamos transformados en sapiños visitando a romeo e xogando con el na súa charca.

Non deixedes de vernos!


NON QUERO SER PRÍNCIPE. INF. 3

Os meniños e meniñas de inf. 3 anos empezamos este segundo trimestre en animación á lectura coa dimanización do conto Romeo de Juana Neira Malo.

Este sapiño non quería ser príncipe senón xogar e cantar na súa charca.

Neste vídeo estamos metidos no papel de sapo xogando con Romeo onde el é feliz.

Veña, non volo perdades!




miércoles, 4 de diciembre de 2019

OS FROITOS DO HOMIÑO. INF. 3

Os alumnos e alumnas de 3 anos puxemos moito interes en coñecer e degustar os froitos e froitas cos que decoraron ó homiño de mazapán.

Estivemos moi atentos e participamos nesta actividade con interese e boa disposición. Neste libriño tedes un resumo para que podades vernos. 




OS FROITOS DO HOMIÑO. INF. 4

Os rapaciños e rapaciñas de 4 anos tamén nos implicamos ó máximo coa actividade de buscar e probar os froitos e froitas cos que decoraron ó noso amigo de mazapán.

Neste libriño podedes descubrir un resumo desta misión. Foi estupendo investigar e manipular con estos elementos e como non degustalos.


OS FROITOS DO HOMIÑO. INF. 5

Os nenos e nenas de infantil cinco anos fixemos coa profe Ana unha proba dos froitos e froitas cos que adornaron ó homiño de mazapán e de paso investigamos un pouco sobre eles.


Neste libriño facemos un resumo de toda a actividade, podedes velo e se queredes tamén vos animamos a probar, son froitos e froitas moi divertidos.




lunes, 4 de noviembre de 2019

HOMIÑOS DE MAZAPÁN. INF. 3

Os meniños e meniñas de tres anos esforzáronse moito nesta actividade de animación á lectura, e debuxaron uns homiños moi particulares. 

Coa axuda da Profe Ana conseguimos poñerlle cor cun programa de tratamento de imaxes, e asi de rebonitos quedaron.

Podedes comprobalo neste libriños que contén todas as nosas artistadas!

HOMIÑOS DE MAZAPÁN. INF. 4

O alumnado de infantil 4 anos fixemos outra actividade relacionada con este conto, cada un amosou as súas dotes artísticas debuxando o homiño de mazapán.

Con todos os nosos debuxos elaboramos un libriño que podede visiualizar a continuación.

Todos os homiños son moi simpáticos e orixinais!.

HOMIÑOS DE MAZAPÁN. INF. 5

Seguindo coas actividadades realizadas en torno ó conto do Homiño de mazapán, o alumnado de inf. 5 anos querémosvos amosar un caderniño de debuxos deste personaxe tan divertido.

Se tedes ganas de pasar un bó rato, botádelle unha ollada ós nosos debuxiños.

Cantos homiños graciosos temos aquí!.

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. INF. 3,4 E 5

O día 24 de Outubro o alumnado de educación infantil visitamos a biblioteca para celebrar o día das bibliotecas escolares. As profes explicáronnos un xogo-actividade que imos a facer todo o alumnado do cole. 
Neste vídeo podedes vernos, seguindo as explicacións!




Para que saibades todo o referente a esta búsqueda do tesouro deixamosvos aquí todo ben explicado, tamén e atoparedes no noso blog da biblioteca: http://viloirabiblio.blogspot.com/

Busca do tesouro: ELAS TAMÉN CONTAN.

Dende a biblioteca do centro queremos resaltar a importancia que ten o papel da muller na sociedade. Queremos pór en valor a participación e produción das mulleres no desenvolvemento da mesma nos seus diferentes ámbitos (deportivo, cultural, artístico, empresarial, científica- tecnolóxico,…)
Para facer visible este papel das mulleres dende a Biblioteca escolar propuxemos unha búsqueda de tesouro na que o alumnado do centro ten que investigar e adiviñar o nome das mulleres das que estamos a tratar.
Cales son as normas desta busca?
  • Os alumnos participan co seu grupo de aula. 
  • Cada aula terá unha tarxeta para escribir a súa resposta. Cando entre todo o alumnado da aula chegue a un acordo, escribirán o nome da muller galega na tarxeta. 
  • A tarxeta terá que ter a data e a firma da titora de aula. 
  • O encargado ou encargada introducirá a tarxeta metida nun sobre na Caixa de correos da biblioteca. Esta Caixa de correos estará situada ao carón do panel informativo da Viloirabiblio. 
  • Traballaremos por semanas completas de cinco días. 
  • Cada día colocarase unha pista no panel informativo da biblioteca. 
Cal é a puntuación de cada pista?
Se adiviñan á:
  1. Primeira pista: 5 puntos
  2. Segunda pista: 4 puntos
  3. Terceira pista: 3 puntos
  4. Cuarta pista: 2 puntos
  5. Quinta pista: 1 punto
O tesouro acádase coa seguinte puntuación:
  • Educación infantil: 5 puntos
  • 1º e 2º de Educ. Primaria: 10 puntos
  • 3º e 4º de Edc. Primaria: 12 puntos
  • 5º e 6º de Educ, primaria: 18 puntos.
Neste primerio trimestre traballaremos con 6 mulleres deportistas GALEGAS.
O alumnado terá que adiviñar o nome da deportista da semana.